Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato infantil]
1886 / 1890 1886
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 88 x 56 mm. sobre cartón de 105 x 64 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `Fotografía / artística / de / J. Varela / Rúa del Villar 43 / Santiago / Se conservan los clichés
No anverso, mención de responsabilidade, impreso: `J. Varela Santiago`
Retrato dun neno de corpo enteiro vestido de mariñeiro de cor escura. Leva sombreiro, blusa co característico colo mariñeiro, pantalón curto, medias e botas altas. Leva un brazo apoiado nunha cadeira tapizada e adornada con logos flocos, tanto no respaldo como no asento. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha escalinata flanqueada por dous floreiros en forma de copa con plantas e vexetación ao fondo.
FSC/Foto-18//49
Mostrar nivel inferior