Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.//FSC/Foto-18//52


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

FSC/Foto-18//52

1.2. Título

[Retrato feminino]

1.3. Datas

/ 1874

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 92 x 53 mm. sobre cartón de 92 x 63 mm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Avrillon Araud, Juan Bautista, 1840-1898, Fotógrafo . (A Coruña)

2.2 Historia Institucional/Biografía

Juan Bautista Avrillon establécese como fotógrafo na Coruña no ano 1852, na rúa Acevedo, en diferentes números desta rúa por cambios da numeración por parte do concello coruñés: en 1867 no nº 19, co seu cuñado Sellier; en 1870, no nº 9; en 1871 no nº 22 baixo; e en 1872 no nº 5. Xa separado do seu cuñado, traballa en Acevedo 37, ata finais de 1874. Despois, trasládase á Rúa Santo André desde 1875 a 1894. Trala súa morte en 1898, continúa co negocio seu fillo José Avrillón Bofil.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Familia Santos Castroviejo
Data do ingreso
2021

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato dunha muller de corpo enteiro, co pelo recollido na parte alta da cabeza con longos caracois caendo sobre os ombros. Vai vestida ao estilo polisón cunha chaqueta escura, na que resaltan un colo e uns puños brancos, e unha saia dobre, a exterior da mesma cor que a chaqueta e a inferior de damasco escuro. Leva o seu brazo esquerdo apoiado no alto respaldo dunha cadeira torneada. Detrás, un pano de fonde que debuxa unha parede con molduras e un zócalo con figuras clásicas.

No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `Juan Bta. Avrillon / Fotógrafo / Acevedo. Nº 37 / Coruña`
No reverso, nota manuscrita: `A mi querida y la que nunca olvidare, mi querida amiga Dolores y comadre, quiera Dios que cuando nos volvamos a ver, su ahijada la coma a besitos. Te deseo mucha felicidad lo mismo que a tu esposo y a tu cariñosa hija. Tu amiga que te quiere de corazón, Marcelina`

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Indumentaria - moda internacional
Fotografías

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0001863FSC/Foto-18//52Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible