Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato feminino]
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 90 x 57 mm. sobre cartón de 95 x 65 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
Busto feminino en 3/4 á dereita, inscrito nun óvalo en relevo. Leva o pelo recollido na parte alta da cabeza, adornado con cintas e flores. Viste traxe escuro e sobre os ombros leva unha mantela de blonda suxeita no peito cun broche. Leva pendentes en forma de flor e no pescozo, unha gargantilla cun colgante oval.
FSC/Foto-18//75
Mostrar nivel inferior