Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.09 - Familia Vilariño Pintos
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.//FVP/Foto-20//56


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

FVP/Foto-20//56

1.2. Título

[Procesión do Padrodado do Apóstolo Santiago]

1.3. Datas

1927-07-27

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 139 x 88 mm Bo.

Papel

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Ksado, 1888-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela)

2.2 Historia Institucional/Biografía

Luis Casado naceu en Avila e criouse en Ourense a onde foi vivir con seis anos. Con dez anos de idade comezou a súa andaina no oficio de fotógrafo, ao entrar coma aprendiz no estudo de Xosé Pacheco ata que en 1915 establecese pola súa conta xa na cidade de Compostela, no nº 23 da Rúa do Vilar. En 1922 expande o seu negocio a Vigo, abrindo un estudo na rúa Urzaiz; será súa irmá Carmiña que quede a cargo do establecemento de Santiago. En 1937 pecha o seu estudo de Vigo e retorna a Compostela, centrándose nas labores habituais dun estudo fotográfico.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Familia Vilariño Pintos
Data do ingreso
2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Procesión do Padroado do Apóstolo Santiago na Praza das Praterías. Encabezan a procesión catro sacerdotes con capas pluviais portando unhas andas cor vitrina de estilo plateresco, que leva no seu interior a imaxe de Santiago Peregrino. Ao redor, varios coengos vestidos de branco e con barretes. Detrás, un arcebispo mitrado, rodeado doutras autoridades eclesiásticas. Xa na escalinata, varios homes portando candeas. Ao redor, o público asistente.

Mención de responsabilidade, no ángulo inferior dereito, cuño seco: `Ksado / Santiago`
Data manuscrita no reverso: 1934 - julio 27

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está prevista ningunha eliminación

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Material

Papel

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

A Coruña-Santiago de Compostela

Festas
Fotografías
Procesións

8.9. Datos adicionais. Cobertura

A Coruña-Santiago de Compostela

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0005464FVP/Foto-20//56Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible