Estampa coa imaxe dunha cruz con distintas frases repartidas polos brazos. Á esquerda figura de santa con cartela; á dereita, figura de santo, tamén con cartela. Aos pés da cruz, recostado sobre unha cruz, o Sagrado Corazón do Neno Xesús, e unha lenda. No reverso, unha oración impresa.