[Torque de Recadieira II. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón nº 14]
1919
7 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 178 x 240 mm. e inferiores. Papel.. Bo.
Peza que formaba parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros. Foi atopado por un labrador a principios de 1889 no castro de Recadieira xunto con outras pezas
1 copia de 124 x 170 mm. coa peza suxeita nun cravo e a anotación da numeración: Nº 14 3 copias de 127 x 179 mm. coa peza suxeita nun cravo 2 copias en brilo de 178 x 240 mm. coa peza pendurada dun cordel e a anotación da numeración: 14. Unha das copias leva no reverso a mención de responsabilidade: Foto Mas / Barcelona / nº C. 31027 1 copia en brillo de 118x 171 mm. coa peza suxeita nun cravo e con nota manuscrita no reverso: F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón
Torque composto por unha vareta de sección circular maciza e remates en dobre escocia, tamén macizos. Os dous terzos laterais da barra están cubertos por un arame oco, en forma de C, enrolado e que forma 33 espiras nun lado e 32 no outro. A parte central da vareta non presenta decoración.