[Fragmentos de espirais e arame. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón nº 35, 36, 38 e 39]
1919
4 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 179 x 257 mm. e inferiores. Papel.. Bo.
Pezas de procedencia descoñecida. Pezas que formaban parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
1 copia de 116 x 181 mm. co conxunto completo das seis pezas dentro dun estoxo feito a medida. No reverso, a nota manuscrita: F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón 3 copias de 179 x 257 mm. cos fragmentos 35 e 36 suxeitos cun cravos e os 39 e 36 pendurados dun cordel; levan a numeración manuscrita. No reverso dunha das fotografías, mención de responsabilidade manuscrita: Foto Más / Barcelona / nº C 31038
Conxunto formado un arame e cinco fragmentos de espirais de ouro. O arame é un fío de ouro macizo de sección circular, enrolado en espiral de case dúas voltas. Un dos extremos dobrado a xeito de gancho e o outro en ángulo para a fóra e cun lixeiro engrosamento na punta. Dos fragmentos de espirais, hai tres de varetas de sección circular envoltas en espiral e sen decoración. Os outros dous, tamén de vareta de sección circular, levan remates plásticos, formados por un corpo cilíndrico con catro molduras circundantes, unha delas sogueada; a seguir unha franxa formada por fíos de filigrana ao aire, seguida por unha moldura cóncava lisa e termina en tres corpos globulares en forma de pera que serven de base a un terceiro que sobresae en medio deles.