2 fotografía(s) carte-de-visite. : Positivo en branco e negro ; 86 x 53 mm. sobre cartón de 105 x 63 mm. Papel. Regular.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No anverso, mención de responsabilidade, impresa: Manuel Reguera Villagarcia No reverso, mención de responsabilidade, impreso: Manuel Reguera / Fotógrafo - Pintor / Villagarcia.
Retrato de corpo enteiro dun neno de pelo curto, vestido cun traxe escuro de chaqueta e pantalón curto, calzado con botas altas ata a metade da perna. No seu brazo esquerdo leva un sombreiro e a man dereita vai apoiada no respaldo dunha cadeira Thonet