Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

[Conchita Armesto Porras e un neno disfrazados]
1913-02-19
1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 141 x 90 mm. Papel. Bo.
0
Mención de responsabilidade, no ángulo inferior dereito, cuño seco: `J. Pacheco / Fotógrafo / Orense`
Nota manuscrita a tinta no anverso con data: `Vuestra sobrina y primita que os quiere mucho, Conchita. Orense 19 febreiro de 1913`
Retrato de parella de dous nenos disfrazados segundo a moda de 1800. A nena leva un vestido longo, estilo imperio, de manga curta, con luvas longas e zapatos de tacón; leva unha perruca cuns longos bucles caendo sobre os ombros e adornada con plumas. O neno, tamén con perruca, leva chaqueta con faldróns nas costas, calzón curto e medias e zapatos. A nena apoia a súa man esquerda na man dereita do neno, nun ademán de iniciar unha danza.
FLL/Foto-29//08
Mostrar nivel inferior