Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

[Retrato feminino]
1899 / 1910
1 fotografía(s) Cabinet : Positivo en branco e negro ; 132 x 92 mm. sobre cartón de 165 x 110 mm Papel. Bo.
0
Mención de responsabilidade, no lado inferior do soporte secundaraio: `José Pacheco - Orense / Calle de Alba 9`
Mención de responsabilidade, no reverso: `Fotografía / Artística / de / José Pacheco / Calle de Alba / 9 / Orense / Se conservan los clichés`
Mención de responsabilidade do cartón: `B. Wachtl. Wien`
Nota manuscrita a tinta no reverso: `A mi amiguiño queridisimo, su Maruja`
Retrato de corpo enteiro dunha moza vestida de escuro á moda da Belle Epoque, cun traxe adornado con agremán bordado tanto no corpo como na saia. Vai apoiada nun moble tocador, de estilo alfonsino, cun espello no que se ve reflectida a parte posterior da súa cabeza.
FLL/Foto-29//09
Mostrar nivel inferior