Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

[Fragmento de torque de Centroña. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón, nº 22]
1919
8 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 178 x 236 mm. e inferiores. Papel. Bo.
Apareceu casualmente en 1912.
Peza que formaba parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
4 copias de 118 x 170 mm. co fragmento suxeito por un cravo e sobre fondo gris; tres levan a numeración manuscrita: Nº 22. A cuarta, en brillo, leva no reverso a nota manuscrita: F. Acuña Castoviejo / Colección Blanco Cicerón
1 copia de 115 x 181 mm. coa peza dentro dun estoxo feito a medida. Leva no reverso a nota manuscrita: F. Acuña Castoviejo / Colección Blanco Cicerón
1 proba de negativo de 150 x 224 mm., co fragmento pendurado dun cordel. Mención de responsabilidade, en selo en seco: Arxiu Mas / Barcelona. No reverso, ficha de catalogación do cliché do Arxiu Mas, en cuño de tinta e manuscrita.
2 copias de 178 x 236 mm. co fragmento pendurado dun cordel e a numeración manuscrita 22. Unha delas leva no reverso a mención de responsabilidade manuscrita: Foto Mas / Barcelona / Nº C. 31023
Fragmento correspondente a media vareta dun torque de sección circular, maciza, e remate en pera. Decorado por un arame enrolado cubrindo o terzo extremo da vareta e enlazando coa zona central lisa a través de dúas placas de dobres espirais de filigrana con botón central.
Castelán. Catalán Humanística
RBC/Foto-04//14
Mostrar nivel inferior