Nivel superior en:
ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO

03 COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS

03.06 Colección Fotográfica

RBC/Foto-04 [Pelai Mas-ourivaría]


040 $a#HEREDA#
090 $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e#HEREDA# $fRBC/Foto-04//02
091 $cTEXT
100 $aMas Castañeda, Pelai $d1891-1954 $eFotógrafo $vBarcelona
245 $a[Dúas gargantillas do castro Monte dos Mouros. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón, nº 6 e 7]
300 $a11 fotografía (s). $bPositivo en branco e negro $c178 x 237 mm. e inferiores. $hPapel. $iBo
351 $aUnidade documental composta
500 $aPezas que formaban parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
500 $aForon atopadas en 1888 no castro de Monte dos Mouros, no concello de Toques.
505 $aNumeracións manuscritas: Nº 7 Nº 6
505 $a3 copias de 125 x 180 mm. coas dúas gargantillas pousadas nunha superficie plana. A copia en brillo leva no reverso unha nota manuscrita: `F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón`
505 $a1 proba de negativo de 165 x 225 mm. coa gargantilla grande (nº 6), pendurada dun cordel. Mención de responsabilidade, no ángulo inferior esquerdo, cuño seco: `Arxiu Mas / Barcelona`. No reverso, cuño de tinta e manuscrita, ficha da fotografía do Arxiu Mas
505 $a1 copia de 72 x 162 mm. coas dúas gargantillas pousadas nunha superficie plana, con anotacións a tinta dos números 7 e 6
505 $a2 copias de 177 x 235 mm, coa gargantilla grande (nº 6), pendurada dun cordel. Ambas levan no anverso o nº 6 manuscrito. Unha delas ten mención de responsabilidade no reverso, manuscrita: `Foto Mas / Barcelona / Nº 31032
505 $a4 copias de 178 x 237 mm, coa gargantilla pequena (nº 7), pendurada dun cordel. Todas levan no anverso o nº 7 manuscrito. Unha delas ten mención de responsabilidade no reverso, manuscrita: `Foto Mas / Barcelona / Nº 31040
506 $a#HEREDA#
520 $aFotografías correspondentes ás pezas números 6 e 7 da colección de Blanco-Cicerón, dúas gargantillas de ouro do castro do Monte dos Mouros. A peza de maior tamaño está formada por unha lámina rectangular curvada en forma de C con estreitamentos nos extremos. A parte central presenta trece cortes lonxitudinais que forman catorce tiras repuxadas. Nos extremos, dobrados formando pestanas para efectuar o cerramento, presenta decoración puntillada de liñas verticais polo reverso. A máis pequena é unha banda de forma rectangular curvada que se estreita cara aos extremos, onde leva dúas perforacións en cada un para o cerramento da peza. A parte central presenta sete tiras conseguidas pola rotura da folla e posterior repuxado destas. Nas extremidades leva unha decoración de liñas horizontais e verticais realizadas mediante un puntillado desde o interior.
535 $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
540 $a#HEREDA#
541 $a#HEREDA# $c#HEREDA# $d#HEREDA#
545 $aFillo do tamén fotógrafo Adolf Mas Ginestà, colaborou co seu pai desde 1916 nas campañas fotográficas que, a través do Arxiu Mas, lles encargaban diferentes institucións. En 1919 levou a cabo a campaña de Galicia, cunha duración de seis meses, realizando máis dun millar de negativos, entre eles, a colección de ourivería de Blanco-Cicerón. A noticia do seu percorrido polo noso país, empregado unha moto con sidecar para os seus desprazamentos, foi recollida na revista Vida Gallega (nº 138, 1920). Nos anos seguintes seguiu realizando campañas por diversas zonas de España, ata que a Guerra Civil primeiro e a II Guerra Mundial truncaron os proxectos do Arxiu Mas. Pelai Mas seguiu traballando como fotógrafo ata o seu falecemento en 1954.
546 $aCastelán. Catalán $bHumanística
592 $a1919 $gSantiago
650 $aOurivería
650 $aColeccionismo
651 $aA Coruña-Toques-Oleiros (San Martiño)-Monte dos Mouros
700 $aBlanco-Cicerón Núñez, Ricardo $d1844-1926
852 $a#HEREDA#
nº ControlSinaturaUbicaciónEstado
0004413RBC/Foto-04//02Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible para préstamo