Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.//RBC/Foto-04//17


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Foto-04//17

1.2. Título

[Fragmentos de espirais e arame. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón nº 35, 36, 38 e 39]

1.3. Datas

1919 . Santiago

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

4 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 179 x 257 mm. e inferiores. Papel.. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Mas Castañeda, Pelai, 1891-1954, Fotógrafo . (Barcelona )

Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926

2.2 Historia Institucional/Biografía

Fillo do tamén fotógrafo Adolf Mas Ginestà, colaborou co seu pai desde 1916 nas campañas fotográficas que, a través do Arxiu Mas, lles encargaban diferentes institucións. En 1919 levou a cabo a campaña de Galicia, cunha duración de seis meses, realizando máis dun millar de negativos, entre eles, a colección de ourivería de Blanco-Cicerón. A noticia do seu percorrido polo noso país, empregado unha moto con sidecar para os seus desprazamentos, foi recollida na revista Vida Gallega (nº 138, 1920). Nos anos seguintes seguiu realizando campañas por diversas zonas de España, ata que a Guerra Civil primeiro e a II Guerra Mundial truncaron os proxectos do Arxiu Mas. Pelai Mas seguiu traballando como fotógrafo ata o seu falecemento en 1954.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
Data do ingreso
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Conxunto formado un arame e cinco fragmentos de espirais de ouro. O arame é un fío de ouro macizo de sección circular, enrolado en espiral de case dúas voltas. Un dos extremos dobrado a xeito de gancho e o outro en ángulo para a fóra e cun lixeiro engrosamento na punta. Dos fragmentos de espirais, hai tres de varetas de sección circular envoltas en espiral e sen decoración. Os outros dous, tamén de vareta de sección circular, levan remates plásticos, formados por un corpo cilíndrico con catro molduras circundantes, unha delas sogueada; a seguir unha franxa formada por fíos de filigrana ao aire, seguida por unha moldura cóncava lisa e termina en tres corpos globulares en forma de pera que serven de base a un terceiro que sobresae en medio deles.

1 copia de 116 x 181 mm. co conxunto completo das seis pezas dentro dun estoxo feito a medida. No reverso, a nota manuscrita: F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón
3 copias de 179 x 257 mm. cos fragmentos 35 e 36 suxeitos cun cravos e os 39 e 36 pendurados dun cordel; levan a numeración manuscrita. No reverso dunha das fotografías, mención de responsabilidade manuscrita: Foto Más / Barcelona / nº C 31038

3.4. Organización

Unidade documental composta

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Humanística

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

Pezas de procedencia descoñecida.
Pezas que formaban parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Ourivería
Coleccionismo

Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0004659RBC/Foto-04//17Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible