1.1. Código de referencia
ES.GA.15708.AMPG./01.07.06.02.01.//RBC/Foto-03//04
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RBC/Foto-03//04
1.2. Título
[Cristo levando a cruz, paso de Semana Santa]
[S.n.]
1.3. Datas
1899-03-21 . Tuy
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 220 x 162 mm. sobre cartón 250 x 175 mm. Papel.. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Bugarin Menoyo, Rosendo, 1867-1941, Fotógrafo . (Tui )2.2 Historia Institucional/Biografía
Rosendo Bugarín Menoyo naceu o 9 de febreiro de 1867 en Tui. Chega á fotografía cara fináis do s. XIX de mans de Pedro Varela, fotógrafo lucense establecido en Lugo e Tui. Traballaron en sociedade durante algún tempo baixo o nome de P. Varela y Cía, ate que Bugarín monta estudo propio primeiro na rúa Colón, núm. 6 e despois en Martínez Padín, núm. 39.
Fotógrafo de gran calidade nos seus retratos, a meirande parte deles pertencen á década dos anos 10, en menor medida dos anos 20 e 30. A temática principal é a do retrato para enviar ao familiar emigrado.
Cara os anos 1932-1933 aproximadamente, Bugarín detivo a súa actividade como fotógrafo para retomala nos anos 1936-1937. Faleceu en Tui o 29 de xaneiro de 1941.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016
3.1. Alcance e contido
Vista detalle dun paso procesional coa imaxe de vestir, e base de madeira. A figura de Cristo coa cruz, con túnica de veludo bordado en ouro.
Mención de responsabilidade, no reverso, selo de tinta vermella: `Fotografía de R. Bugarin, calle de Colón, 6, - Tuy`
No reverso selo húmido: Hermandad del Dulce Nombre de Jesús Tuy
Nota manuscrita no reverso con data
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
[S.n.]
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021.
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Pontevedra-Tui Semana Santa8.3. Datos adicionales: Editor si procede
[S.n.]
8.9. Datos adicionais. Cobertura
Pontevedra-Tuinº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0004365 | RBC/Foto-03//04 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020 | Disponible |