1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 291 x 407 mm. Papel. Bo.
0
No reverso, nota manuscrita a lapis: Lareira da Veiga
Escena doméstica dun home asando carne na pedra da lareira. O home está sentado nunha cadeira de madeira dando voltas á carne que leva un espeto inserido, apoiado no trasfogueiro situado a carón da parede. Á dereita, a leñeira coa porta aberta, feita de obra e recuberta con azulexo branco; a carón da leñeira, a cociña de ferro. O home vai vestido con boina, camisa, chaleco, pantalón longo e botas.