1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 90 x 55 mm. sobre cartón de 105 x 63 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `M. Chicharro / Fotográfo/ Rúa Nueva, 34 / Santiago`
Retrato de corpo enteiro dun home de pelo e barba curtos, vestido cun traxe escuro de chaqueta e pantalón longo. Leva o seu brazo dereito apoiado no respaldo dunha cadeira isabelina con respaldo de medallón. Detrás, unha paredes panelada.