1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 86 x 136 mm. Papel. Bo.
0
Data manuscrita no reverso
Retrato dun grupo formado por unha parella e dúas mozas vestidas de galegas, nun xardín con árbores detrás. A parella está formada por un home de bigote vestido con traxe de chaqueta e gravata e unha muller co pelo ondulado, vestida cunha chambra branca, unha saia escura e un mandil a raias. Ao seu carón, están as dúas mozas vestidas con panos da cabeza anoados na caluga, mantóns cruzados no peito, un adamascado e outro estampado, e saias e mandís lisos. Unha delas leva zapatos de tacón brancos.