Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.29 - Uxío de la Riva Pol
01.29.01 - Miscelánea
01.29.01.02 - Colección fotografías

[Procesión na nave da Soidade da Catedral de Santiago]
1945, ca.
1 fotografía : Positivo en branco e negro ; 243 x 185 mm. Papel. Bo.
0
A fotografía é unha copia realizada por Novoa en outubro de 2003
O coro de madeira da Catedral foi desmontado en 1945 cando o arcebispo Tomás Muñiz Pablos decidiu abrir o culto solemne a fieis e peregrinos.
No reverso leva unha nota manuscrita de Uxío de la Riva explicando o contido da foto e achegando datos da autoría e da data.
Procesión na nave central ou da Soidade da Catedral, co antigo Coro de madeira aínda no centro da nave. A dereita, varios cóengos con capas pluviais levando unha urna nunhas andas. Á esquerda, o arcebispo con mitra e capa pluvial. No centro, unha gran lámpada acesa que pende do teito. Ao fondo, o altar que pechaba o coro de madeira.
URP/Foto-24//015
Mostrar nivel inferior