Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

[Brazalete do castro do Monte dos Mouros. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón nº 12]
1919
7 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 177 x 237 mm. e inferiores. Papel.. Bo.
Peza que formaba parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
Foi atopado en 1888 a 4 quilómetros do castro de Monte dos Mouros, no concello de Toques.
3 copias de 122 x 178 mm. coa peza pousada sobre unha superficie plana e sobre fondo gris. Todas levan nota manuscrita, no ángulo superior esquerdo: `nº 12`
1 copia en brillo de 100 x 148 mm. coa peza pousada sobre unha superficie plana e sobre fondo gris. No reverso, nota manuscrita: F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón
2 copias de 177 x 237 mm. coa peza recortada sobre fondo branco, en perspectiva oblicua. No anverso, nota manuscrita a tinta: `12`. No reverso dunha das copias, mención de responsabilidade: `Foto Mas / Barcelona / nº 31039`
1 copia de 100 x 148 mm. coa peza pousada sobre unha superficie plana e sobre fondo gris.
Brazalete ancho, ríxido e circular sen chegar a pechar, con catorce láminas de metal coa parte central dividida por incisións horizontais
Castelán Humanística
RBC/Foto-04//05
Mostrar nivel inferior