1 folla(s) : Debuxo a rotulador ; 16.2 x 22.2 cm. Papel. Bo.
0
Foi atopado en 1912 nunha finca de Casavella, lugar de Castrelo, parroquia de Centoña, no concello de Pontedeume.
A peza da cultura castrexa formou parte da colección de Blanco Cicerón, despois pasou a Álvaro Gil Varela, quen o deixou como legado ao Museo Provincial de Lugo en 1974.
O número co que vai identificado, correspóndese co número do `Catálogo da Colección de Ourivaría Prerromana en Galicia propiedade dos herdeiros do Sr. Blanco Cicerón`. Pelai Mas Castañeda (1891-1954), fotografou as pezas de ourivaría da colección Blanco Cicerón en 1919
Manuscrito: Foto Mas / Barcelona / nº C-31023 Manuscrito: Santiago-Coruña / Col. Blanco-Cicerón / Torque de oro / Época celta / Nº 22
Debuxo de fragmento de torques con barra de sección circular e remates en forma de landra. Presenta dous roleos compostos por fíos enrolados en espiral. Desde os roleos ata os remates de landra, vai revestido dun groso fío.