Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.05 - Darío Acuña Núñez
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.08.05.//FamAC/Foto-25//12


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

FamAC/Foto-25//12

1.2. Título

Retrato de Margarita Lagos Carsi e Darío Acuña Núñez

1.3. Datas

1911-05-12 . Vigo

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 132 x 90 mm. sobre cartón 210 x 190 mm. Papel.. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Art Studio Pacheco y Vda de Prosperi., Fotógrafos. (Vigo.) Otero Fontán, Cándida.Pacheco, Jaime

Acuña Núñez, Darío, 1883-1965
Lagos Carsi, Margarita, 1888-1978

2.2 Historia Institucional/Biografía

Cándida Otero (1846-1915) casou con Felipe Prosperi, os dous, adicados profesionalmente á fotografía durante corenta e cinco anos, entre finais do século XIX e principios do XX, desenvolveron a súa actividade profesional en Galicia, principalmente na cidade de Vigo. Compartiron estudo fotográfico con reparto de funcións pero que, como noutras moitas ocasións, a pegada historiográfica ignorou, proporcionándolle ao varón o papel sobranceiro no desenvolvemento e progresión do estudio fotográfico. Coa a morte de Felipe, en 1889, a viúva mantivo a súa actividade, agora como Viúva de Prosperi. No 1907, Cándida Otero, asociouse co portugués (de Trás os Montes) Jaime de Sousa Guedes Pacheco (1878-1954), que arribara a Vigo procedente de Ourense, onde estaba establecido o seu irmán, José, tamén fotógrafo. A partir desta unión, as realizacións fotográficas de Cándida Otero quedan agregadas á marca Pacheco y Viuda de Prósperi.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

En formato oval, retrato de parella, de busto e frontal. Á esquerda, muller con camisa branca de colo alto e cadea con medalla, leva os cabelos recollidos ao medio con medio floco sobre a fronte. Á dereita, home con chaqueta escura con pano no peto, chaleco, camisa branca e gravata de lazo; ten os cabelos engomados e peiteados a un lado, amais de bigote.

No anverso do soporte adicional, mención de responsabilidade: Art-Studio / Pacheco / Y Vda / Prosperi / Vigo

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

Os retratados son os avós dos doantes

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021.

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Indumentaria - Moda internacional
Fotografías

Acuña Núñez, Darío, 1883-1965
Lagos Carsi, Margarita, 1888-1978

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0004936FamAC/Foto-25//12Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020Disponible