1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 86 x 52 mm. sobre cartón de 92 x 60mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, litografado: `Madrid / A. Alonso Martínez y Hermano / Montera 45 y 47 2º / Pasage de Murgas`
Retrato dun home de corpo enteiro, co pelo curto dividido cunha raia a un lado. Viste traxe de levita con camisa branca, gravata de lazo, chaleco de cor clara e levita e pantalón longo escuros. Na súa man esquerda leva unha chistera; a dereita vai apoiada no respaldo cunha cadeira; detrás, unha cortina