1 fotografía(s), carte-gabinete. : Positivo en branco e negro ; 120 x 74 mm. sobre cartón 165 x 108 mm. Papel.. Bo.
0
Imaxe copiada da obra pictórica do mesmo nome do pintor francés Ernest Hébert (1817-1908) Goupil & Cie. foi unha empresa editora de reproducións de arte, en gravado e fotografía, fundada en París en 1850, a continuación de maison Goupil, creada en 1829, e que durou en activo catro décadas. A carte-gabinete formaba parte dunha colección editada por Goupil et Cie, ilustradas con imaxes copiadas das obras dos máis importantes pintores da historia da arte ata o século XIX.
No anverso, impreso: Hérbert / La Vierge de la delivrance / Carte-Album Nº 1019 - Goupil et Cie, Editeurs, Paris. No reverso, impreso: Défense de colorier
Imaxe de Virxe co Neno sobre un fondo de brocado. A Virxe leva vestimenta clara en contraste co manto escuro sobre o ombreiro; unha coroa que semella de papel. O Neno espido, co mesmo tipo de coroa, sobre o seonllo da nai e cun dedo na boca.