Descargar
Nivel de descrición:

Serie

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.07 - Ana María Castroviejo Blanco-Cicerón
01.08.07.01 - Documentos persoais
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.08.07.01.//01.08.06.07.03


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

01.08.06.07.03

1.2. Título

Correspondencia

1.3. Datas

1920 / 1970

1.4. Nivel de descrición

Serie

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 carpeta Papel.

2. Área de contexto

2.2 Historia Institucional/Biografía

Ana María Castroviejo Blanco-Cicerón, naceu en Compostela en 1915. A súa nai foi Concha Blanco-Cicerón (filla do arqueólogo e colecionista Ricardo Blanco-Cicerón), o seu pai, Amando Castroviejo Nobajas, catedrático de dereito e propagandista do agrarismo católico, amis de concelleiro de Santiago de Compostela na ditadura de Primo de Rivera e promotor da democracia cristiá. Casou con Dario Acuña Lagos en 1941 e tivo seis fillos (Carlos, Fernando, Margarita, Ana María, Rosina e Darío Acuña Castroviejo). Morreu en 1997.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Correspondencia emitida ou recibida por Ana María Castroviejo Blanco-Cicerón

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1910 (2) 1920 (1) 1924 (1) 1925 (1) 1929 (1) 1932 (1) 1937 (1) 1943 (1) 1955 (1) 1970 (2) 1987 (1)
FamAC/Caixa179-128 Tarxeta de Josefina Trillo Garriga a Ana Mª Castroviejo Blanco-Cicerón felicitando polo envío dunha carta

FamAC/Caixa179-129 Tarxeta de remitente ilexible ás señoritas Castroviejo Blanco-Cicerón sobre información dos seus fillos

FamAC/Caixa179-131 Tarxeta de María Blanco-Cicerón a Ana Mª Castroviejo Blanco-Cicerón saudando e informando sobre un suicidio

FamAC/Caixa179-142 Tarxeta dirixida ás señoritas Castroviejo Blanco-Cicerón solicitando o envío dunha la

FamAC/Caixa179-146 Tarxeta de Rosina Acuña Castroviejo a súa irmá Margarita

FamAC/Caixa179-147 Tarxeta de Rosina Acuña Castroviejo a súa irmá Margarita

FamAC/Caixa179-148 Tarxeta dirixida a Margarita Lagos Carsi sobre un envío previo, coa imaxe dun palco con público

FamAC/Caixa179-149 Tarxeta dirixida a Margarita Lagos Carsi sobre o envío duns cartos, coa imaxe dun palco con público nunha Batalla de Flores

FamAC/Caixa179-156 Tarxeta para Margarita Acuña Castroviejo con invitación a unha exposición

FamAC/Caixa189-14 Tarxeta postal de María Blanco-Cicerón a Ana María Castroviejo Blanco-Cicerón sobre a familia

FamAC/Caixa189-15 Postal de Muma a súa curmá Ana María Castroviejo

FamAC/Caixa189-16 Carta de Isabel e Manuel García Blanco a Ana María Castroviejo agradecendo a súa colaboración nunha homenaxe a Concepción Arenal

FamAC/Caixa189-19 Carta de Manuel, curmán de Ana María Castroviejo, sobre a admisión como enfermeira no hospital militar de San Caetano

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000034901.08.06.07.03Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible