1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 87 x 53 mm. sobre cartón de 96 x 63 mm. Papel.. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudo que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo. Foi moi popular nos anos 1863-1865.
No anverso, impreso: `Pujada y CIA` No reverso, mención de responsabilidade, impresa: `Fotografía Española / Pasage de Colon nº 2 / Barcelona`.
Vista xeral dunha escultura de corpo enteiro branca sobre fondo escuro. A figura sedente representa a un bispo, con sotana, capa e solideo. Está sentado coas pernas cruzadas, os brazos sobre as pernas e coa cabeza cara a baixo. Ten unha peaña hexagonal.