Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

Galicia. Tipos del país
1900 / 1910
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 405 x 299 mm. Papel. Bo.
0
É unha copia ampliada da fotografía orixinal de Ferrer. A ampliación foi realizada por Manuel Serra en outubro de 1985
Mención de responsabilidade, na parte inferior: `Ferrer / Coruña`
Selo de tinta con datos da autoría da copia: `Cópia positivada por / Manuel Serra / Conservació de fotografía / Barcelona / Octubre 1985`
Nota manuscrita a lapis con datos técnicos sobre a copia
Retrato dun grupo de persoas que forman unha agrupación folclórica, composta por tres parellas de bailadores e dous músicos: gaita e caixa. As mulleres e os músicos están detrás de pé e os tres bailadores sentados no chan. As mulleres van coa cabeza descuberta, co pelo partido en dúas metades e recollido na parte posterior; na parte alta da cabeza levan un lacito de veludo. Visten camisas brancas e sobre elas os dengues adornados con colares de doas esféricas, suxeitos ao tecido e aos agremáns do dengue; só unha delas leva sapo ou aderezo. As tres levan mantelos negros. A da dereita leva na cintura unha faixa bordada; a do medio unha flor de tea, e a da esquerda unha cinta cunha lazada. As tres portan castañolas nas mans. Os tres bailadores viste monteiras baixas, chaquetas sobre camisas brancas, calzóns curtos, cirolas e polainas. Os músicos visten como os bailadores, aínda que o gaiteiro, Manuel Manso, leva unha pluma na monteira. Ao seu carón está seu fillo Francisco Manso, coñecido como Cafú, tocando a caixa; leva chaleco e por riba a coñecida chaqueta con remontas negras que sempre levaba nas súas actuacións.
CFX/Foto-26//15
Mostrar nivel inferior