Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.//CFX/Foto-26//18


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

CFX/Foto-26//18

1.2. Título

[Espadelando o liño]

1.3. Datas

1932

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 304 x 350 mm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Suárez, José, 1902-1974, Fotógrafo

2.2 Historia Institucional/Biografía

José Suárez foi un fotógrafo e cineasta galego. Xa aos 19 anos, mentres estudaba Dereito en Salamanca, comezou a colaborar na revista Vida Gallega. Por entón tamén realizou curtametraxes cinematográficas. En 1932 publicou o libro 50 fotos de Salamanca, con prólogo de Miguel de Unamuno. Fixo reportaxes sobre actividades profesionais, como olería, o traballo nas telleiras, a sega, as comunidades mariñeiras ou as romarías. En 1935 comezou a rodar o documental Mariñeiros na Comarca do Morrazo, pero non chegou a rematalo por mor da guerra civil española. A finais de 1936 emigrou a Buenos Aires onde traballou como fotoxornalista. En 1959 regresou a España, mais atopou dificultades para dar a coñecer o seu traballo.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Xosé Luís Suárez Canal
1999

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Muller nova simulando que está espadelando o liño, pois a porción de liño que sostén coa man esquerda está aínda sen mazar. Na man dereita leva unha espadela. A muller vai coa cabeza descuberta, leva un vestido de cor clara e manga longa e un mandil a raias.

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está prevista ningunha eliminación

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

Trátase dunha copia ampliada da fotografía orixinal, que é propiedade da familia de José Suárez, xestionada polo seu sobriño Xosé Luis Suárez Canal. Foi cedida ao MPG para ser utilizada na Sala do Tecido. Esta fotografía non se atopa baixo dominio público. Contido non dispoñible por dereitos de autor. Non está permitida a súa visualización pública nas plataformas web do MPG nin a cesión a terceiras persoas para a súa reprodución.

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Oficios femininos
Fotografías
Mulleres
Liño

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0000034CFX/Foto-26//18Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible