Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

[Familia no interior dunha cociña]
1933
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 182 x 128 mm. Papel. Regular.
0
A fotografía aparece publicada na Revista Estampa, nº 309 (9 decembro de 1933) na páxina 8, dentro do artigo de M. Barbeiro Herrera titulado `La aventura de la emigración. Del agro gallego a la tierra americana`. O artigo inclúe máis fotografías e nos créditos finais se indican que estas son da autoría de Ksado, Juan Cancelo Sanjuan e Antonio Pardo Reguera, pero non se identifica o autor de cada unha delas.
Interior dunha cociña cunha familia sentada ao redor da lareira. Sentado no centro da imaxe está o home, con camisa, gravata, pantalón longo e botas. Ao seu carón, de pé, unha muller nova con camisa de raias, touca, saia e mandil; sentada xunto a ela, unha nena, con pano da cabeza, chambra de raias e saia. Doutro lado, hai unha muller madura, co pelo partido en dúas metades e recollido en dúas trenzas, cun mandil de raias e leva no colo a un bebé de curta idade; detrás, está un neno. Na parte dereita están o restos do lume, cunha trepia ou trespés enriba e ao lado un pote grande de ferro de tres pés. Nas paredes, vense os diferentes utensilios de uso doméstico: tapas e culleres, as pas do forno, a porta dunha lacena cun rosario e crucifixos pendurados, o burro da lareira e ao seu carón un fuso e unha roca. Na parte superior, as trabes da cuberta totalmente afumadas.
CFX/Foto-29//28
Mostrar nivel inferior