Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.//CFX/Foto-43//14


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

CFX/Foto-43//14

1.2. Título

[Escultura de San Xoán Bautista, obra de José Rivas]

1.3. Datas

1920, ca.

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 142 x 98 mm. sobre cartón 212 x 163 mm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)

Rivas Fernández, José, 1885-1950

2.2 Historia Institucional/Biografía

Fotógrafo e intelectual galego que participou na sociedade do seu tempo (foi membro da Sociedade Económica de Amigos do País) e na política municipal de Compostela.
Aprendeu o oficio desde moi novo na Coruña co maestro, Luis Sellier. En 1877 abre estudo fotográfico en Santiago, destacando como retratista de gabinete e como fotógrafo comercial inmortalizando, entre outras cousas, os fondos artísticos e documentais do museo da catedral, incluído o Códice Calixtino.
Algunas das súas fotografías foron premiadas en exposicións de carácter internacional, como a Exposición Universal de París, en 1889, ou a de Chicago en 1893.
Destaca a súa obra `Compostela monumental` de 1884, un porfolio con vintecatro fotografías da cidade acompañadas dun texto do historiador Bernardo Barreiro; considerada o primeiro libro de fotografías impresas editado por un fotógrafo galego en Galicia.
Colaborou con publicacións da época, como a revista Galicia Moderna, editada en Pontevedra.
Poseía o título honorífico de fotógrafo da Real Casa otorgado polo rei Afonso XII e condecorado coa Cruz de Isabel a Católica
José Rivas Fernández (1885-1950), foi un escultor compostelán con obradoiro sito na rúa da Ensinanza. A súa obra escultórica destaca pola creación dunha nova iconografía da Virxe do Carme na que inclúen as figuras de tres mariñeiros, vestidos cos traxes de augas, que son salvados de morrer afogados.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Rivas Varela, Aurelio
2008

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Escultura dun San Xoán Bautista sobre fondo negro.

Mención de responsabilidade no soporte secundario, cuño de tinta: `Chicharro Fº / Santiago`
No cartón, impreso por ambas caras: `Talleres de escultura José Rivas Rodríguez - Santiago`

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está prevista ningunha eliminación

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

O cartón ten un erro nos apelidos do escultor, xa que o segundo apelido era Fernández, non Rodríguez

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Coruña, A-Santiago de Compostela

Escultura
Fotografías

Rivas Fernández, José, 1885-1950

8.9. Datos adicionais. Cobertura

Coruña, A-Santiago de Compostela

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0000375CFX/Foto-43//14Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible