Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.99 - Manuel Vilar Álvarez
03.06.99.01 - Familia Miñones

[Retrato de tres turistas do Balneario de Mondariz vestidas de galegas]
1912 / 1926
1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 139 x 87 mm Bo.
0
Mención de responsabilidade, no anverso, cuño de tinta: `L. Pardo / Fotografía / Mondariz`
Retrato de tres mulleres, hóspedes do Balneario de Mondariz, vestidas de galegas sentadas en medio dun campo. A da esquerda leva con pano da cabeza, dengue con rodo de veludo, saia e mandil brocado; sostén nas mans un sacho e unha fouce. A do medio, ten pano á cabeza atado na parte superior, dengue con rodo de veludo, saia e mandil; sostén na man unha galla. A da dereita, tamén con pano da cabeza, dengue con rodo de veludo, saia e mandil; sostén na man un angazo.
Pode haber novas achegas
MVA/Foto-20//52
Mostrar nivel inferior