040 | $aNorma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000 |
---|
090 | $aES $bGA.15078.AMPG $e01.08.10 |
---|
091 | $cTEXT |
---|
092 | $aFO_fondo |
---|
100 | $aAcuña Castroviejo, Fernando $d1945-2016 |
---|
245 | $aFernando Acuña Castroviejo |
---|
300 | $a10 u.i. compartida. $hPapel $iO estado de conservación é bo en xeral. Atendendo á clase dos documentos, unha gran parte da documentación é de carácter textual, pero tamén hai que sinalar a presenza de documentos gráficos, como é o caso de fotografías |
---|
351 | $cFondo $aPara organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte |
---|
506 | $aConsulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego. |
---|
520 | $aOs fondos personais do profesor Acuña Castroviejo permiten documentar e coñecer a súa actividade profesional, os seus intereses persoais e o seu compromiso coa cultura galega e o a súa difusión. Conservánse documentos identificativos persoais, cartillas médicas, facturas, fotografías, apuntes, artigos, documentación de homenaxes e premios, diplomas, correspondencia persoal, documentación patrimonial, documentación produto da súa actividade intelectual e cultural, tanto manuscrita como impresa. |
---|
530 | $aNon existen copias |
---|
535 | $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego |
---|
540 | $aDocumentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida. |
---|
541 | $aFernando Acuña Castroviejo $cDoazón $d2015 |
---|
545 | $aFernando Acuña Castroviejo (Santiago de Compostela, 1945-2016). Catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, foi membro membro da Real Academia Galega de Belas Artes, da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e correspondente da Real Academia Galega. Tamén é un dos patróns fundadores do Museo do Pobo Galego e Vicepresidente do Padroado.
A súa vida non se pode separar da Universidade de Santiago de Compostela, onde foi profesor desde os 23 anos e onde en 1987 acadaou a Cátedra de Arqueoloxía, desempeñándoa até a súa xubilación en 2015. Docente de historia antiga, arqueoloxía clásica, numismática e epigrafía, polas súas clases pasaron gran parte das novas xeracións de historiadores galegos. A súa obra é unha referencia na arqueoloxía do Noroeste peninsular, tendo traballado en xacementos de toda Galicia, norte de Portugal e Asturias. Precisamente, sempre tivo moita relación cos investigadores portugueses, abrindo o estudo arqueolóxico alén do Miño, a todo o territorio da antiga Gallaecia e establecendo fortes lazos con institucións académicas do país veciño. É autor dunha ampla bibliografía, traballou en numerosos proxectos nomeadamente galaico-romanos, mais tamén do megalitismo, arte rupestre ou medievo. Alén da dedicación profesional, hai que destacar a súa entrega e o seu compromiso como cidadán consecuente con Galicia, o que manifestou coa súa participación en diversas iniciativas para un mellor coñecemento da personalidade colectiva e cultural do país. Entre elas, o propio Museo do Pobo Galego, do que foi un dos seus fundadores en 1976. As súas achegas ao Museo foron varias, tanto a Biblioteca e Arquivo como aos fondos materiais, nomeadamente pezas de numismática
Os seus traballos céntranse na arqueoloxía romana, destacando especialmente as súas investigacións sobre mosaicos, esculturas, epigrafía e numismática. |
---|
546 | $aCastelán. |
---|
561 | $aOs fondos ingresaron ao longo do ano 2020 no Museo do Pobo Galego traídos por Rosina e Margarita Acuña Castroviejo, bisnetas de Ricardo Blanco-Cicerón, netas de Amando Castroviejo Nobajas e fillas de Darío Acuña Lagos.
Toda esta documentación chegou cunha mínima organización, en carpetas e en moitos casos mesturada coa do profesor Fernando Acuña Castroviejo. |
---|
567 | $a#HEREDA# |
---|
581 | $aBalseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018 |
---|
592 | $a1945 $b2016 |
---|
593 | $aNon está previsto |
---|
594 | $aPode haber novas achegas |
---|
852 | $aEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela |
---|
nº Control | Sinatura | Ubicación | Estado | |
---|
0004701 | 01.08.10 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizado | Disponible para préstamo | |
|