Descargar
Nivel de descrición:

Serie

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.06 - Darío Acuña Lagos
01.08.06.02 - Documentos de función
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.08.06.02.//01.08.06.02.02


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

01.08.06.02.02

1.2. Título

Medicina

1.3. Datas

1941 / 1968

1.4. Nivel de descrición

Serie

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 carpeta(s) Papel.

2. Área de contexto

2.2 Historia Institucional/Biografía

Darío Acuña Lagos naceu en Vigo no ano 1915. Durante os seus estudos de Medicina estallou a Guerra Civil e alistouse no bando nacional como piloto de caza, formando parte da Escadra Morato. Ao remate da contenda voltou á Universidade de Santiago e licenciouse en Medicina, especialidade de Psiquiatría no ano 1941. Gran parte da súa vida laboral como médico a desenvolve en Venezuela (1955-1970), onde tamén realiza programas radiofónicos relacionados coa saúde mental, e publica artigos en numerosas revistas especializadas. Unha escola de Psicopedagoxía que el fundou e dirixiu e un instituto dun complexo de educación especial daquel país levan o seu nome.
No ámbito persoal, casou con Ana María Castroviejo Blanco-Cicerón, filla de Amando Castroviejo Nobajas e Concha Blanco-Cicerón, García, filla de Ricardo Blanco-Cicerón e Herminia García de la Riva. Foron pais de Carlos, Fernando, Margarita, Ana María, Rosina y Darío.
Faleceu no ano 2007

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Documentos de Darío Acuña Lagos como médico

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018.

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1955 (6) 1956 (1) 1960 (2) 1961 (1) 1963 (9) 1964 (1) 1967 (1) 1970 (2) 1972 (1)
FamAC/Caixa188-10 [Certificación de pertenza ao Colexio Médico de Pontevedra de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-11 [Certificación de pertenza ao Colexio Médico de A Coruña de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-12 [Certificación de profesionalidade de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-13 [Certificación do título de Medicina de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-14 [Nomeamento de médico adxunto residente na Clínica Psiquiátrica Urxencia de Barquisimeto de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-15 [Nomeamento de médico adxunto residente na Colonia Psiquiátrica de Bárbula de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-16 [Nomeamento de Darío Acuña Lagos como médico adxunto residente na Clínica Psiquiátrica de Urxencias Mentais en Venezuela]

FamAC/Caixa188-21 [Certificación laboral como médico de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-22 [Certificación laboral como médico de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-25 [Certificación de modificación das condicións laborais de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-26 [Certificación de modificación das condicións laborais de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-27 [Invitación da Sociedade Venezolana de Saúde Pública á X Asamblea Ordinaria a Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-28 [Darío Acuña Lagos remite un artículo médico á `Revista de Psiquiatría y Psicología Médica`]

FamAC/Caixa188-29 [Constancia de desempeño laboral de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-30 [Constancia de desempeño laboral de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-31 [Certificación da Asociación Española de Neurosiquiatría para Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-32 [Curriculum Vitae de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Caixa188-34 [Comunicación: a saúde mental. A súa importancia para felicidade do home e a colectividade].

FamAC/Caixa188-35 [Comunicación: o neno mimado]

FamAC/Caixa188-36 [Comunicación: os fracasos na vida do home].

FamAC/Caixa188-37 [Comunicación: o triunfo na vida].

FamAC/Caixa188-38 [Comunicación: a adolescencia].

FamAC/Caixa188-39 [Comunicación: o complexo de inferioridade]

FamAC/Caixa188-40 [Comunicación: o fracaso escolar].

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000032901.08.06.02.02Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible