1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 92 x 54 mm. sobre cartón de 105 x 63 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No anverso, mención de responsabilidade impresa: `Fleurquin y Cia. Montevideo` No reverso, mención de responsabilidade impresa: `1880 Medalla de Oro / en Paysandú / 1878 Mencion Honorable. Paris / Fleurquin y Cia. / Montevideo / Carre Rincon Nº 55`
Retrato dun bebé de curta idade, vestido cunha chambra branca e espido de cintura para abaixo. Está sentado nunha butaca, apoiado no respaldo.