Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato feminino]
1888 / 1890
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 88 x 56 mm. sobre cartón de 107 x 67 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
Bernhard Wachtl rexentaba unha casa litográfica con sede en Viena na que se deseñaban e imprimían os logotipos para os cartóns fotográficos de estudos de toda Europa
No anverso, mención de responsabilidade, litografado: `M. Reguera. Villagarcía`
No reverso, mención de responsabilidade, litografada: M. Reguera / Fotógrafo / de la Real Casa / Villagarcía / Bernhard Wachtl Vienne
Retrato de corpo enteiro dunha muller nova co pelo recollido nun moño na parte alta da cabeza. Vai vestida ao estilo polisón cun traxe de dúas pezas: unha saia a raias verticais cuberta na parte posterior cunha sobre saia de cor clara, con máis volume no cu, moi curta na cintura e que vai aumentado de lonxitude facendo drapeados. O corpo do vestido é da mesma cor que a sobre saia e vai adornado nos puños e no peito coa tea listada da saia. A muller leva a súa man dereita apoiada nun gran floreiro en forma de copa que adorna unha barandilla. Detrás, un pano de fondo con árbores e arquitecturas.
RRA/Foto-18//16
Mostrar nivel inferior