Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato infantil]
1880 / 1899
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 87 x 52 mm. sobre cartón de 103 x 65 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, cuño de tinta: Manuel Reguera / Fotógrafo / Villagarcia.
Retrato de corpo enteiro dunha nena vestida de curto cun vestido branco. Leva o pelo dividido cunha raia a un lado, recollido na parte posterior da cabeza. Entre as mans suxeita un abanico e leva o seu brazo dereito apoiado sobre un velador co pé torneado; a perna dereita vai cruzada por diante da esquerda. No lado esquerdo, unha cortina.
RRA/Foto-18//17
Mostrar nivel inferior