Descargar
Nivel de descrición:

Fondo

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.31.


España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura


1.2. Título

Ramón Muntxaraz Muntxaraz

1.3. Datas

1970 / 2000 1970

1.4. Nivel de descrición

Fondo

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

20 unidade(s) de instalación Papel.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Muntxaraz Muntxaraz, Ramón, 19547-2008

2.2 Historia Institucional/Biografía

Ramón Muntxaraz (Gálvez, Toledo 1947 - Compostela 2008) foi un recoñecido psiquiatra que participou na reforma desta rama no Hospital Psiquiátrico de Conxo (Santiago de Compostela) e que tivo unha grande actividade política na esquerda independentista galega. Foi un dos fundadores da asociación cultural Gaiola que traballa pola integración dos enfermos mentais na sociedade así como da súa revista, Gaiola Aberta, punto de encontro de enfermos mentais e de xente que sufriu algunha vez algún tipo de marxinación.

2.3. Historia Archivística

O arquivo de Ramón Muntxaraz foi cedido en primeira instancia á Fundación Alexandre Bóveda sw Pontevedra, pero ao non poder asumir esta o seu estudo e divulgación, por medio de Uxío-Breogán Cequiel Diéguez, pasa aos fondos do Arquivo do Museo do Pobo Galego

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Pilar Martínez Otero
2014

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

O conxunto do fondo ofrece principalmente documentación de tema médico en relación o seu traballo e documentación política

Pode haber novas achegas

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán. Galego. Euskera

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000106801.31Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible