Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.02 - Rosa González Queiruga

[Retrato de dúas nenas e un neno]
1869, ca
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 85 x 56 mm. sobre cartón de 105 x 62 mm. Papel. Regular.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No anverso, mención de responsabilidade, impreso: `Guyard Heros, Fotogros`
No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `Guyard Hermanos Fotógrafos`
Retrato de dúas nenas, de pé a ambos lados dunha cadeira onde está sentado un neno de menor idade. As nenas van vestidas cunhas saias claras e unhas chaquetas escuras, sobre as que destacan uns colos brancos. O neno leva unha chaqueta e un pantalón escuros adornados con borlas.
Pode haber novas achegas
RGQ/Foto-18//03
Mostrar nivel inferior