Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.07 - Carme Fandiño Quintans

[Retrato de infantil]
1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 140 x 86 mm Papel. Bo.
0
Retrato de dun neno e dunha nena de moi curta idade. O neno vai vestido con camisa e gravata branca, chaqueta e pantalón polos nocellos de cor clara e botas negras. Na súa man dereita leva un ramo de flores e a esquerda vai apoiada no respaldo dunha cadeira de brazos. Na cadeira, está a nena, de pé e vestida de branco, cunha lazada na cabeza; baixo o seu brazo esquerdo, vense os dedos da man dunha persoa adulta que a está suxeitando por detrás, pois é unha nena moi pequena para estar de pé por si mesma.
Pode haber novas achegas
CFQ/Foto-20//12
Mostrar nivel inferior