1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 86 x 58 mm. sobre cartón de 105 x 65 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No anverso, mención de responsabilidade, impresa: `M. Chicharro Rúa Nueva 34 / Santiago`
Busto feminino en 3/4 á esquerda dunha muller co pelo recollido na parte posterior da cabeza. Viste unha chambra negra de colo alto adornado con agremán bordado e cun gran volante bordado sobre o peito.