1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./03.06.//FSC/Foto-18//77
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
FSC/Foto-18//77
1.2. Título
[Retrato de Mª Cristina de Habsburgo-Lorena]
1.3. Datas
1870
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 94 x 57 mm. sobre cartón de 95 x 64 mm. Papel. Bo.
2.4. Forma do ingreso
Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Familia Santos Castroviejo
Data do ingreso
2021
3.1. Alcance e contido
Busto inscrito nun óvalo en relevo da Arquiduquesa Mª Cristina de Habsburgo-Lorena, quen sería a segunda muller de Afonso XII e raíña de España. Vai vestida cun abrigo de pel e leva unha capota suxeita cun gran lazo baixo a barbela. Por diante da capota, leva unha tiara ou coroa.
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
4.5. Instrumentos de descrición
Instrumentos de descriciónA mesma imaxe da Arquiduquesa, vestida do mesmo xeito (abrigo, capota e tiara), aparece nunha carte-de-visite que se garda nas Colecciones Estatales de Baja Austria https://www.online.landessammlungen-noe.at/objects/1120363/fotografie-erzherzogin-christine.
No caso desta, datada entre 1860 e 1870, aparece mención de responsabilidade do Estudio Fotográfico Adéle de Viena. Este estudio fora fundado por Joseph Perlmutter para a súa filla e fillos Adele, Wilhelm y Max en 1862. Adele foi fotógrafa da corte austríaca en 1868.
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
6.1 Nota xeral
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
María Cristina, Raíña consorte de Afonso XII, Rei de España, 1858-1929 Indumentaria - moda internacionalnº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0001953 | FSC/Foto-18//77 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |