040 | $a#HEREDA# |
---|
090 | $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e#HEREDA# $fFSC/Foto-28//01 |
---|
091 | $cIMAGE |
---|
110 | $aFotografía Portuguesa J.B. Almeida $eFotógrafo $cSantiago de Compostela $vAlmeida, Juan Bautista |
---|
245 | $a[Retrato de Jose Mª, Concha e Pilar Castroviejo Blanco-Cicerón] |
---|
300 | $a1 postal fotográfica(s) $bPositivo en branco e negro $c91 x 142 mm. $hPapel $iBo |
---|
337 | $a0 |
---|
505 | $aMención de responsabilidade, no reverso, cuño de tinta: `J.B. Almeida` |
---|
505 | $aNo reverso, nota manuscrita a lapis identificando aos retratados |
---|
506 | $a#HEREDA# |
---|
520 | $aRetrato de estudio dun neno e dúas nenas arredor dun amplo sofá de brazos cilíndricos. O neno vai vestido de mariñeiro, está de pé apoiado nun dos brazos do sofá. Ambas nenas están sentadas no sofá, vestidas de branco; a de máis idade apoia un pé no chan. A máis pequena, de curta idade, é suxeitada por ambos irmáns. |
---|
530 | $aNon existen copias |
---|
535 | $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego |
---|
540 | $a#HEREDA# |
---|
541 | $a#HEREDA# $c#HEREDA# $d#HEREDA# |
---|
545 | $aOs tres retratados son fillos do matrimonio formado por Amando Castroviejo Nobajas e Concha Blanco-Ciceron e, polo tanto, netos de Ricardo Blanco-Cicerón. José Mª foi poeta, xornalista e escritor; Concha tamén foi unha coñecida xornalista e escritora. Pilar é a nai dos irmáns Santos Castroviejo |
---|
545 | $aJuan Bautista Almeida estableceuse en Santiago arredor de 1907 na rúa Bautizados |
---|
545 | $aJosé Mª Castroviejo estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó; posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS) e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange.
Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do alzamento nacional uniuse ás forzas sublevadas, e combateu no exército «nacional». Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego, pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas.
A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento. Os seus principais traballos centráronse na poesía, aínda que tamén cultivou a prosa, colaborando en varios libros con Álvaro Cunqueiro e escribiu unha peza teatral. Colaborou na revista Nós en 1931 cun poema e defendeu o uso da lingua galega fronte ao director xeral de Prensa. |
---|
545 | $aConcha Castroviejo estudou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde contacta e se integra nos círculos da mocidade entusiasta coa II República; entre outros, Paco Comesaña, Borobó e Joaquín Seijo Alonso, con quen ennoiva. Ían casar o 25 de xullo de 1936. O golpe de estado militar e a Guerra cámbiano todo. Testifica a favor de Paco Comesaña no xuízo sumarísimo que se segue contra el en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1936, acusado de comunista e alterador de masas. Isto colócaa nunha posición difícil e busca como saír.
A comezos de 1937 e marcha para Bordeos. Logo reúnese con Seijo en Valencia, onde casan. Trasládase a vivir a Barcelona até febreiro de 1939 que tivo que fuxir a Francia. Consegue chegar a Bordeos e alí vive até que marcha para México.
En decembro de 1949 regresa a Galiza coa súa filla María Antonia Seijo, de 8 anos. De 1951 a 1953 traballa en La Noche, o diario vespertino de Compostela asinando como Concha Castroviejo e baixo o pseudónimo de Asela. En setembro de 1953 marcha para Madrid a traballar no diario Informaciones como columnista. Entre 1962-1966 exerce de titular da crítica e contribúe ao boom da literatura hispanoamericana. É das pouquísimas mulleres que realizan este labor e a única que neses anos forma parte do xurado dos honoríficos e prestixiosos Premios da Crítica. Tamén formou parte da Asociación Internacional de Críticos Literarios |
---|
567 | $aDescrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz |
---|
592 | $f1915, ca. |
---|
600 | $aCastroviejo Blanco-Cicerón, Concha $qCastroviejo Blanco-Cicerón, Concepción $d1910-1995 |
---|
600 | $aCastroviejo Blanco-Cicerón, Pilar $d1914-2006 |
---|
600 | $aCastroviejo Blanco-Cicerón, José María $d1909-1983 |
---|
650 | $aFotografías |
---|
651 | $aA Coruña- Santiago de Compostela |
---|
852 | $a#HEREDA# |
---|
nº Control | Sinatura | Ubicación | Estado | |
---|
0000064 | FSC/Foto-28//01 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible para préstamo | |
|