1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./03.06.//FSC/Foto-28//06
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
FSC/Foto-28//06
1.2. Título
[Retrato de Amando Castroviejo Nobajas]
1.3. Datas
1910, ca.
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
2 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 144 x 104 mm., sobre cartón de 177 x 124 mm Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Guerra, Enrique, ?-1948, Fotógrafo (Sánchez-Guerra Mosquera, Enrique) . (Santiago de Compostela )2.2 Historia Institucional/Biografía
Fotógrafo e xornalista, foi correspondente gráfico da revista “Vida Gallega” e dirixiu o semanario “Miña Terra”. Foi un dos fundadores e o primeiro director do coro “Cantigas e Agarimos”
Amando Castroviejo Nobajas naceu en Sorzano (A Rioxa) en 1874 e finou en Santiago de Compostela no ano 1934. Foi catedrático de Dereito Político da Universidade de Granada (1896) e despois catedrático de Economía e Facenda da Universidade de Sevilla. Dende 1907, foi catedrático de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela. Precisamente é nese ano cando casa con Concha Blanco Cicerón, ca que tivo 4 fillos: Xosé María, Concha, Pilar e Ana María, quen a súa vez casou con Darío Acuña Lagos.
Home de profundas conviccións relixiosas, estas se reflicten na súa faceta política, foi propagandista do agrarismo católico, do catolicismo social e impulsor da Previsión Social. Foi concelleiro de Santiago de Compostela na ditadura de Primo de Rivera e promotor da democracia cristiá. Colaborou en Cronique Sociel de France, Revue Catolique de Cuestions Sociales e Revista de Ciencias Sociales. Foi membro da Academia de Ciencias Morales y Políticas.
2.4. Forma do ingreso
Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Familia Santos Castroviejo
Data do ingreso
2021
3.1. Alcance e contido
Retrato de algo máis de medio corpo dun home con bigote e pelo moi curto, con entradas pronunciadas. Viste traxe de chaqueta con gravata e camisa de colo duro. Leva a súa man dereita metida no peto do pantalón.
Mención de responsabilidade, no soporte secundario, impreso: `E. Guerra - Caldereria 36 / Santiago`
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Castroviejo Nobajas, Amando, 1874-1934 A Coruña-Santiago de Compostela Fotografías8.9. Datos adicionais. Cobertura
A Coruña-Santiago de Compostelanº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000069 | FSC/Foto-28//06 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |