Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.98 - Antonio Fraguas Fraguas
03.06.98.02 - Fotografías etnográficas e outras

Zapateiro e limpabotas
1900 / 1910
1 fotografía(s) salón ou imperial : Positivo en branco e negro ; 120 x 179 mm., sobre cartón de 206 x 270 mm. Bo.
0
Vista do obradoiro dun zapateiro e limpabotas con cinco homes. Á esquerda hai un home de pé, visible só en parte, vestido con boina e traxe de chaqueta. A continuación hai un rapaz, con blusón e pantalón longo, sentado nun tallo e cunha bigornia ou necesaria entre as perna; na bigornia ten un botín que suxeita cunha man, mentres na outra leva un martelo. A continuación, e sentado detrás dun banco de zapateiro, hai outro mozo, con camisa branca e chaleco. Ao seu carón, un home de bigote, con camisa e chaleco, sentado detrás dunha mesa redonda con tres patas torneadas sobre a que están estendidos uns papeis. Á dereita, un home con gorra e traxe de chaqueta e outro zapateiro sentado nunha cadeira, vestido con blusón e pantalón longo. Ao fondo, unha mesa de traballo con un montón de zapatos e á dereita unha tarima de limpabotas cunha cadeira enriba e varios soportes para poñer os pés.
Pode haber novas achegas
AFF/Foto-30//02
Mostrar nivel inferior