Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato de parella]
/ 1899
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 90 x 58 mm. sobre cartón de 105 x 65 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, selo de tinta: [J.] Klozerper Fotografo - [P.] de Honor
Retrato de exterior dunha parella sentada nunhas escaleiras de pedra. Ela leva o pelo recollido na parte posterior da cabeza e leva un vestido de cor clara con adornos de listas negras e un ramo de flores na cintura. El é imberbe, de pelo curto, vestido con traxe de chaqueta e chaleco sobre camisa branca e pantalón longo. Na súa man esquerda leva un sombreiro tipo bombín e un fino caxato.
RRA/Foto-18//27
Mostrar nivel inferior