Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato feminino]
1871 / 1989
1 fotografía(s) cabinet : Positivo en branco e negro ; 143 x 103 mm. sobre cartón de 159 x 108 mm. Papel. Bo.
0
Bernhard Wachtl, autor do cartón, foi un litógrafo austríaco, cuxa imprenta tiña a súa sede en Viena. A súa obra está datada principalmente na segunda metade do século XIX e se pode rastrexar tanto en Austria como en paises mediterráneos.
No anverso, mención de responsabilidade, litografado: `M. Reguera. Villagarcía`
No reverso, mención de responsabilidade do cartón, litografada: `Bernh Wachtl Vienna`
No reverso, mención de responsabilidade, litografada: `M. Reguera / Fotógrafo / de la Real Casa / Villagarcía`
Retrato de máis de medio corpo, dunha muller vestida ao estilo polisón. Ten o pelo rizado e recollido, cuberto en parte por unha mantela de blonda que cruza sobre o peito cubrindo os ombros e caendo pola parte dianteira. Leca chambra branca e saia escura. O cóbado do brazo dereito vai apoiado nunha cadeira tallada e tordeada co respaldo tapizado; na man dese lado leva un abanico parcialmente aberto que aproxima á súa cara. En ambas mans leva varias pulseiras e aneis, e tamén pendentes longos nas orellas. Detrás, un pano de fondo que debuxa arquitecturas clásicas.
RRA/Foto-28//30
Mostrar nivel inferior