Descargar
Nivel de descrición:

Sección

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.03 - María Núñez Pené
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.08.03.01.


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura


1.2. Título

Documentos patrimoniais

1.4. Nivel de descrición

Sección

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

Papel.

2. Área de contexto

2.2 Historia Institucional/Biografía

A familia Acuña Castroviejo é descendente de Ricardo Blanco-Cicerón a través do matrimonio de Amando Castroviejo Nobajas con Concha Blanco-Cicerón e posteriormente polo casamento de Ana María Castroviejo Blanco-Cicerón con Darío Acuña Lagos.

2.3. Historia Archivística

Os fondos ingresaron ao longo do ano 2020 no Museo do Pobo Galego traídos por Rosina e Margarita Acuña Castroviejo, bisnetas de Ricardo Blanco-Cicerón, netas de Amando Castroviejo Nobajas e fillas de Darío Acuña Lagos.
Toda esta documentación chegou cunha mínima organización, en carpetas e en moitos casos mesturada coa do profesor Fernando Acuña Castroviejo.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Familia Acuña Castroviejo
Data do ingreso
2020 e 2021

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Documentos patrimoniais de María Núñez Pené, dende escrituras de venda propias e familiares ata o testamento.

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

3.4. Organización

Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 01.08.03.01 Documentos patrimoniais. 01.08.03.02 Documentos personais. 01.08.03.02.01 Correspondencia. 01.08.03.02.02 Fotografías. 01.08.03.02.03 Honras fúnebres

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1843 (1) 1848 (1) 1856 (1) 1860 (1) 1864 (1) 1873 (2) 1875 (2) 1880 (1) 1886 (2) 1887 (1) 1890 (1) 1893 (3) 1913 (1) 1928 (2) 1931 (1)
FamAC/Caixa181-03//01 Escritura de venda dunha casa na rúa Imperial de Vigo

FamAC/Caixa181-03//02 Escritura de venda duns terreos de labradío en Santa Cristina de Lavadores

FamAC/Caixa181-03//03 Acordo sobre a parede medianeira entre as casas de José Núñez e Ricardo Ulibarry

FamAC/Caixa181-03//04 Escritura de redención de foro dunha casa da rúa do Franco en Vigo

FamAC/Caixa181-03//05 Escritura de venda dun terreo no lugar do Barreiro, na parroquia de Santa Cristina de Lavadores

FamAC/Caixa181-03//06 Escritura de préstamo con hipoteca outorgada por Isabel Pené a favor de José García Pérez

FamAC/Caixa181-03//07 Rectificación da escritura de préstamo con hipoteca outorgada por Isabel Pené a favor de José García Pérez

FamAC/Caixa181-03//08 Escritura de compravenda de varios foros nas parroquias de Sárdoma e Lavadores

FamAC/Caixa181-03//09 Preito polo cobro da parte correspondente pola venda dunha casa pertencente a unha herdanza

FamAC/Caixa181-03//10 Preito polo cobro de parte dunha herdanza

FamAC/Caixa181-03//11 Escritura de compravenda de varias fincas na parroquia de Cabral

FamAC/Caixa181-03//12 A Dª María Núñez Pené al practicarse inventario de documentos le tocaron los números...

FamAC/Caixa181-03//13 Recibo do pago do imposto de dereitos reais e transmisión de bens por María Núñez Pené

FamAC/Caixa181-03//14 [Listado de compravendas de fincas por María Núñez Pené e Joaquín Acuña Soage]

FamAC/Caixa181-03//15 Escritura de venda de varias fincas e dereitos reais

FamAC/Caixa181-03//16 Escritura de testamento aberto de María Núñez Pené

FamAC/Caixa181-03//17 Borrador da execución do testamento de María Núñez Pené

FamAC/Caixa181-03//18 Escritura de partición dos bens de María Núñez Pené

FamAC/Caixa181-03//19 Escritura de compravenda e promesa de venda dunha herdanza de María Núñez Pené

FamAC/Caixa181-03//20 Recibo do pago do imposto de dereitos reais e transmisión de bens de Isabel Pené Martínez por Joaquín Acuña Núñez

FamAC/Caixa181-03//21 Recibo do pago do imposto de dereitos reais e transmisión de bens de Isabel Pené Martínez por Darío Acuña Núñez

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000472601.08.03.01Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible