Nivel superior en:
ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO

03 COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS

03.06 Colección Fotográfica

RBC/Foto-04 [Pelai Mas-ourivaría]


040 $a#HEREDA#
090 $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e#HEREDA# $fRBC/Foto-04//16
091 $cTEXT
100 $aMas Castañeda, Pelai $d1891-1954 $eFotógrafo $vBarcelona
245 $a[Torques, arracadas e láminas do Castro de Masma, A Valiña, e cravo e arame de procedencia descoñecida. Colección de ourivaria Blanco-Cicerón, nº 27 a 34]
300 $a11 fotografía(s). $bPositivo en branco e negro $c175 x 236 mm., e inferiores. $hPapel. $iBo
351 $aUnidade documental composta
500 $aOs dous fragmentos de torque, as arracadas e as dúas lámina perforadas foron atopadas casualmente por unha labrega nun camiño que atravesa o castro de Masma (A Valiña, Mondoñedo) en xaneiro 1873. O arame é de procedencia descoñecida e o cravo, que algunhas investigacións consideran un remate dun torque, apareceu en 1860.
500 $aPezas que formaban parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
505 $a2 copias de 142 x 105 mm. e de 179 x 117 mm., con conxunto completo. A copia de maior tamaño leva no reverso a nota manuscrita: F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón
505 $a1 proba de negativo de 107 x 215 mm. do fragmento de torque da Valiña II recortado sobre fondo branco. Mención de responsabilidade, no ángulo inferior esquerdo, cuño seco: Arxiu Mas / Barcelona. No reverso, ficha de catalogación do cliché do Arxiu Mas en cuño de tinta e manuscrita.
505 $a2 copias de 175 x 236 mm. do fragmento de torque da Valiña II recortado sobre fondo branco, coa numeración manuscrita 27. Unha das copias leva no reverso a mención de responsabilidade manuscrita: Foto Mas / Barcelona / Nº C. 31031
505 $a1 proba de negativo de 166 x 226 mm. do fragmento de torque da Valiña I sobre fondo gris. Mención de responsabilidade, no ángulo inferior esquerdo, cuño seco: Arxiu Mas / Barcelona. No reverso, ficha de catalogación do cliché do Arxiu Mas en cuño de tinta e manuscrita.
505 $a2 copias de 175 x 236 mm. do fragmento de torque da Valiña I sobre fondo gris. coa numeración manuscrita 28. Unha das copias leva no reverso a mención de responsabilidade manuscrita: Foto Mas / Barcelona / Nº C. 31036
505 $a2 copias de 175 x 236 mm. das arracadas de Masma, recortadas sobre fondo branco. coa numeración manuscrita 29 - 30. Unha das copias leva no reverso a mención de responsabilidade manuscrita: Foto Mas / Barcelona / Nº C. 31035
506 $a#HEREDA#
520 $aFotografía de conxunto dos obxectos de ouro cos números do 27 ao 34 e fotografías de detalle dos fragmentos de torques da Valiña e das arracadas de Masma. Na fotografía xeral inclúense as seguintes pezas: Nº 27. Fragmento de torque da Valiña II: parte central dunha vareta de sección circular maciza, que presenta unha pequena decoración formando unha espiña de peixe que rodea 1,6 cm no centro da barra. Nº 28. Fragmento de torque da Valiña I: parte central dunha vareta maciza de sección romboidal. Decorada polas súas caras externas por dúas bandas de filigrana de dous fíos entrelazados, formando oitos, onde se colocan esferiñas enchendo os ocos interiores. Nº 29. Arracada de Masma I: de forma penanular. A parte proximal leva dous pivotes irregulares, contrapostos e soldados. O interior é oco. Só se conserva un anaco da lámina que cubriría as dúas caras principais, decorada con liñas concéntricas aos bordos. Nº 30. Arracada de Masma II: de forma penanular. A parte proximal con pivotes de sección circular soldados. Interior oco. Lámina decorada con liñas concéntricas ós bordos nas dúas caras principais. Decoración no dorso interior con zigzags de gránulos e no exterior triángulos Nº 31 e 32. Láminas caladas de Masma I e II: de forma rectangular, realizadas sobre unha lámina finísima e decorada cuns diminutos calados cuadrangulares a xeito de celosía. Nº 33. Arame de ouro de procedencia descoñecida: feito cun fío de sección circular, enrolado en espiral de case tres voltas e atravesado por outro fragmento en horizontal Nº 34. Cravo ou remate de torque, de procedencia descoñecida: fragmento de barra maciza de sección romboidal con remate ou cabeza de forma cadrada.
535 $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
540 $a#HEREDA#
541 $a#HEREDA# $c#HEREDA# $d#HEREDA#
545 $aFillo do tamén fotógrafo Adolf Mas Ginestà, colaborou co seu pai desde 1916 nas campañas fotográficas que, a través do Arxiu Mas, lles encargaban diferentes institucións. En 1919 levou a cabo a campaña de Galicia, cunha duración de seis meses, realizando máis dun millar de negativos, entre eles, a colección de ourivería de Blanco-Cicerón. A noticia do seu percorrido polo noso país, empregado unha moto con sidecar para os seus desprazamentos, foi recollida na revista Vida Gallega (nº 138, 1920). Nos anos seguintes seguiu realizando campañas por diversas zonas de España, ata que a Guerra Civil primeiro e a II Guerra Mundial truncaron os proxectos do Arxiu Mas. Pelai Mas seguiu traballando como fotógrafo ata o seu falecemento en 1954.
546 $aCastelán $bHumanística
592 $a1919 $gSantiago
650 $aOurivería
650 $aColeccionismo
651 $aLugo-Mondoñedo-Mondoñedo (San Vicente)-A Valiña
700 $aBlanco-Cicerón Núñez, Ricardo $d1844-1926
852 $a#HEREDA#
nº ControlSinaturaUbicaciónEstado
0004662RBC/Foto-04//16Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible para préstamo