Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.//RBC/Foto-04//16


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Foto-04//16

1.2. Título

[Torques, arracadas e láminas do Castro de Masma, A Valiña, e cravo e arame de procedencia descoñecida. Colección de ourivaria Blanco-Cicerón, nº 27 a 34]

1.3. Datas

1919 . Santiago

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

11 fotografía(s). : Positivo en branco e negro ; 175 x 236 mm., e inferiores. Papel.. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Mas Castañeda, Pelai, 1891-1954, Fotógrafo . (Barcelona )

Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926

2.2 Historia Institucional/Biografía

Fillo do tamén fotógrafo Adolf Mas Ginestà, colaborou co seu pai desde 1916 nas campañas fotográficas que, a través do Arxiu Mas, lles encargaban diferentes institucións. En 1919 levou a cabo a campaña de Galicia, cunha duración de seis meses, realizando máis dun millar de negativos, entre eles, a colección de ourivería de Blanco-Cicerón. A noticia do seu percorrido polo noso país, empregado unha moto con sidecar para os seus desprazamentos, foi recollida na revista Vida Gallega (nº 138, 1920). Nos anos seguintes seguiu realizando campañas por diversas zonas de España, ata que a Guerra Civil primeiro e a II Guerra Mundial truncaron os proxectos do Arxiu Mas. Pelai Mas seguiu traballando como fotógrafo ata o seu falecemento en 1954.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
Data do ingreso
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Fotografía de conxunto dos obxectos de ouro cos números do 27 ao 34 e fotografías de detalle dos fragmentos de torques da Valiña e das arracadas de Masma. Na fotografía xeral inclúense as seguintes pezas:
Nº 27. Fragmento de torque da Valiña II: parte central dunha vareta de sección circular maciza, que presenta unha pequena decoración formando unha espiña de peixe que rodea 1,6 cm no centro da barra.
Nº 28. Fragmento de torque da Valiña I: parte central dunha vareta maciza de sección romboidal. Decorada polas súas caras externas por dúas bandas de filigrana de dous fíos entrelazados, formando oitos, onde se colocan esferiñas enchendo os ocos interiores.
Nº 29. Arracada de Masma I: de forma penanular. A parte proximal leva dous pivotes irregulares, contrapostos e soldados. O interior é oco. Só se conserva un anaco da lámina que cubriría as dúas caras principais, decorada con liñas concéntricas aos bordos.
Nº 30. Arracada de Masma II: de forma penanular. A parte proximal con pivotes de sección circular soldados. Interior oco. Lámina decorada con liñas concéntricas ós bordos nas dúas caras principais. Decoración no dorso interior con zigzags de gránulos e no exterior triángulos
Nº 31 e 32. Láminas caladas de Masma I e II: de forma rectangular, realizadas sobre unha lámina finísima e decorada cuns diminutos calados cuadrangulares a xeito de celosía.
Nº 33. Arame de ouro de procedencia descoñecida: feito cun fío de sección circular, enrolado en espiral de... Ver máis

2 copias de 142 x 105 mm. e de 179 x 117 mm., con conxunto completo. A copia de maior tamaño leva no reverso a nota manuscrita: F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón
1 proba de negativo de 107 x 215 mm. do fragmento de torque da Valiña II recortado sobre fondo branco. Mención de responsabilidade, no ángulo inferior esquerdo, cuño seco: Arxiu Mas / Barcelona. No reverso, ficha de catalogación do cliché do Arxiu Mas en cuño de tinta e manuscrita.
2 copias de 175 x 236 mm. do fragmento de torque da Valiña II recortado sobre fondo branco, coa numeración manuscrita 27. Unha das copias leva no reverso a mención de responsabilidade manuscrita: Foto Mas / Barcelona / Nº C. 31031
1 proba de negativo de 166 x 226 mm. do fragmento de torque da Valiña I sobre fondo gris. Mención de responsabilidade, no ángulo inferior esquerdo, cuño seco: Arxiu Mas / Barcelona. No reverso, ficha de catalogación do cliché do Arxiu Mas en cuño de tinta e manuscrita.
2 copias de 175 x 236 mm. do fragmento de torque da Valiña I sobre fondo gris. coa numeración manuscrita 28. Unha das copias leva no reverso a mención de responsabilidade manuscrita: Foto Mas / Barcelona / Nº C. 31036
2 copias de 175 x 236 mm. das arracadas de Masma, recortadas sobre fondo branco. coa numeración manuscrita 29 - 30. Unha das copias leva no reverso a mención de responsabilidade manuscrita: Foto Mas / Barcelona / Nº C. 31035

3.4. Organización

Unidade documental composta

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Humanística

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

Os dous fragmentos de torque, as arracadas e as dúas lámina perforadas foron atopadas casualmente por unha labrega nun camiño que atravesa o castro de Masma (A Valiña, Mondoñedo) en xaneiro 1873. O arame é de procedencia descoñecida e o cravo, que algunhas investigacións consideran un remate dun torque, apareceu en 1860.
Pezas que formaban parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.

7. Área de control da descrición

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Lugo-Mondoñedo-Mondoñedo (San Vicente)-A Valiña

Ourivería
Coleccionismo

Blanco-Cicerón Núñez, Ricardo, 1844-1926

8.9. Datos adicionais. Cobertura

Lugo-Mondoñedo-Mondoñedo (San Vicente)-A Valiña

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0004662RBC/Foto-04//16Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible