Nivel superior en:
ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO

03 COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS

03.06 Colección Fotográfica

RBC/Foto-04 [Pelai Mas-ourivaría]


040 $a#HEREDA#
090 $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e#HEREDA# $fRBC/Foto-04//12
091 $cTEXT
100 $aMas Castañeda, Pelai $d1891-1954 $eFotógrafo $vBarcelona
245 $a[Cinco fragmentos terminais de torque. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón nº 20, 23, 24, 25 e 42]
300 $a9 fotografía (s) $bPositivo en branco e negro $c176 x 240 mm. e inferiores. $hPapel. $iBo
351 $aUnidade documental composta
500 $aOs remates nº 20, 23, 24 e 25 apareceron nalgún lugar sen determinar do concello de Melide, aínda que algunhas investigacións, os sitúan na provincia de Lugo. O fragmento nº 42 é de procedencia descoñecida.
500 $aPezas que formaban parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
505 $a4 copias, unha en brillo, de 124 x 180 mm., cos cinco fragmentos dispostos en vertical e suxeitos por cravos. Nota manuscrita no reverso da copia en brillo: F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón
505 $a1 proba de negativo de 183 x 168 mm., do detalle da rosácea do fragmento nº 20, recortado sobre fondo branco. Mención de responsabilidade, no ángulo inferior esquerdo, cuño seco: Arxiu Mas / Barcelona. No reverso, ficha do cliché do Arxiu Mas en cuño de tinta e manuscrita.
505 $a3 copias de 176 x 240 mm., do detalle da rosácea do fragmento nº 20, recortado sobre fondo branco e a numeración manuscrita 20. Unha delas leva no reverso a mención de responsabilidade manuscrita: Foto Mas / Barcelona / Nº C. 31030
505 $a1 copia en brillo de 116 x 170 mm. do fragmento nº 20 visto lateralmente. Nota manuscrita no reverso da copia en brillo: F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón
506 $a#HEREDA#
520 $aFotografía de cinco fragmentos terminais de torque e varias fotografías de detalle do fragmento nº 20. As pezas nº 23 e 24 son dous fragmentos terminais de torque compostos por unha vareta de sección romboidal maciza e remate piriforme. O nº 25 ten a vareta de sección circular maciza e con remate piriforme. O fragmento nº 20 presenta unha vareta maciza de sección romboidal e remate oco en dobre escocia, decorado cunha roseta de seis pétalos, realizada cun punzón complexo, inscrita nun círculo. O fragmento 42 ten a vareta maciza de sección romboidal e remate oco en dobre escocia, sen ornamentación.
535 $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
540 $a#HEREDA#
541 $a#HEREDA# $c#HEREDA# $d#HEREDA#
545 $aFillo do tamén fotógrafo Adolf Mas Ginestà, colaborou co seu pai desde 1916 nas campañas fotográficas que, a través do Arxiu Mas, lles encargaban diferentes institucións. En 1919 levou a cabo a campaña de Galicia, cunha duración de seis meses, realizando máis dun millar de negativos, entre eles, a colección de ourivería de Blanco-Cicerón. A noticia do seu percorrido polo noso país, empregado unha moto con sidecar para os seus desprazamentos, foi recollida na revista Vida Gallega (nº 138, 1920). Nos anos seguintes seguiu realizando campañas por diversas zonas de España, ata que a Guerra Civil primeiro e a II Guerra Mundial truncaron os proxectos do Arxiu Mas. Pelai Mas seguiu traballando como fotógrafo ata o seu falecemento en 1954.
546 $aCastelán. Catalán $bHumanística
592 $a1919 $gSantiago
650 $aOurivería
650 $aColeccionismo
651 $aA Coruña-Melide
700 $aBlanco-Cicerón Núñez, Ricardo $d1844-1926
852 $a#HEREDA#
nº ControlSinaturaUbicaciónEstado
0004664RBC/Foto-04//12Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible para préstamo