[Interior da Catedral de Mondoñedo vista dende arriba]
1909-00-00
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 240 x 170 mm. sobre cartón de 330 x 270 mm. Papel.. Bo.
0
0
Data estimada pola celebración da Exposición Regional Gallega de 1909
Mención de responsabilidade no soporte secundario `Santiago Pernas de Salazar / Fotógrafo / Puente, 7 / Mondoñedo` Selo en tinta `Exposición Regional Gallega-Santiago / Sección Arqueológica - 1909`
Vista frontal do interior da Catedral de Mondoñedo. Na parte baixa do altar, dous cadros a ambos lados, no centro imaxe A Virxe dos Ingleses, á súa esquerda San Roque e San Antonio de Padua, á súa esquerda San Xosé e Santiago Peregrino, e dous bustos nos extremos. No centro, sobre a Virxe, un Cristo crucificado nun nivel superior. No segundo andar, dous órganos enfrontados. En segundo plano, tras un enreixado, pode verse parte do retablo do altar maior